22/1/13

Veciños de Oza denuncian permisividade do concello cos solares abandonados

A Asociación de Veciños de Oza-Gaiteira-Os Castros acusan de «falla de previsión» ó concello polos desperfectos do temporal 


Asemade denuncian a excesiva «permisividade» da autoridade local cos solares abandonados. Nunha testemula gráfica que acompañan nunha nota publicada no seu blog, pódese ver como o valado dun destes solares volcou sobre a beirarúa. Non se rexistraron maiores incidentes, por sorte.

O estado de abandono de numerosos solares repartidos pola cidade é xa unha nota á marxe, un feito cotiá, que non recibe a atención necesaria. Noutras cidades, o concello obriga á construcción ou adecentamento deste tipo de solares, tan comúns nos barrios do Castrillón ou Montealto-Torre de Hércules, pero tamén visibles en San Andrés ou Plaza de España.




0 comentarios:

Publicar un comentario